Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Nokia N800 con WiMAX e GPS próximamente

Nokia N800

Oficialmente, Nokia ven de afirmar que próximamente sacará unha nova versión do N800, un trebello que ten VoIP e WiFi, entre outras cousas.

A novidade vai ser que a versión nova vai ter WiMAX e GPS integrado.
O do GPS é un gran acerto, pois Nokia ven de mostrar en feiras a integración do N800 en coches como o Mini Cooper, polo que agora con máis razón pode apostar máis forte nese senso. O do WiMAX certamente pode funcionar, mais cicais a longo plazo. O chip será o Baxter Peak WiMAX de Intel.

Nokia tamén confirma que sacará unha versión sen WiMAX mais con GPS, máis económica e cicais máis cercana para ser levada cando imos conducindo.

Vía: Ars technica


GPS con imaxes reais de blusens

Como xa se falou en trebellos polo mes de abril, Blusens estaba a traballar nun gps revolucionario no que as imaxes en 3d son reais, sacadas dende un avión por toda europa.

As novidades son a saída do video que comentabamos xa neste post e a información de que ven cun disco de 40gbs integrado.

Prevese a súa saída á venda antes do nadal.

Para máis información: Blusens


Acer P710 e P730, navegadores GPS económicos

Acer P700

Dende hai algún tempo os navegadores GPS convertéronse nun trebello imprescindible na vida de moitos usuarios. Os últimos modelos non só serven para seguir indicacións para ir a un lugar determinado, se non que tamén integran opcións multimedia como reprodución de música ou video.

Da man de Acer chegan a nós uns modelos que non sobresaen polas súas características, pero que poden ser unha boa solución para persoas que non desexen desembolsar unha gran cantidade nun aparello deste tipo. Os navegadores GPS P710 e P730 dispoñen dunha pantalla panorámica táctil de 4,3 polgadas e resolución de 480 x 272 píxeles. Levan incorporado lector de tarxetas SD, para almacenar mapas, xa que os 64Mb de RAM dos que dispoñen quedan bastante escasos.

O sistema operativo que empregan é Windows CE 5.0, adaptado pola mesma compañía, que integra un visor de fotografías.

Os dous modelos estarán dispoñibles en novembro. O modelo P710 venderase cunha tarxeta de 512Mb cos mapas rexionais preinstalados a 199 euros e o P730 cunha de 2Gb cos mapas de Europa a 249 euros.


Iriver W10, reproductor multimedia con wifi e gps integrado

iriver w10

O novo reproductor de iriver conta cunha pantalla de 3 polgadas táctil e resolución de 480 x 272 pixeles.

Como bó reproductor multimedia reproduce os formatos MP3, WMA, OGG de audio e en video MPEG-4, WMV9.

Pero isto non é só o comezo, o reproductor conta con wifi, VoIP (permite facer chamadas a través de internet), radio FM (que se bota en falla a integración nos ipod), lector de tarxetas miniSD para aumentar a súa capacidade inicial de 4 e 8gbs, reproduce radio en streaming, e ademáis inclúe GPS con mapas de Navteq.

A data de saída é novembro, pero non se di nada do precio. Estaremos atentos a inminente saída.

Visto en: Gadgetometro


Hipoqih, xeolocalización dende A Coruña

Hipoqih

Vía Código Cero coñecemos a Hipoqih, un servizo web que está dando bastante que falar, pois foi nomeado en varios certames da Web 2.0, e mesmo foi obxeto de conferencias en Silicon Valley. Todo feito dende A Coruña, imos explicar de que vai a cousa.

Maxina que es posuidor dun trebello portátil con acceso á rede e que ademáis teña GPS: pode ser un simple portátil (pois tamén permite introducir coordenadas manualmente), unha PDA, unha Blackberry ou unha Smartphone. Pois ben, se baixas o seu pequeno software e o instalas, na web poderás transmitir exactamente onde estás, a través de Google Maps.

Bótase bastante en falla unha versión en galego do servizo, que agardemos que saia cedo. Moi recomendábel a entrevista, e sorte ao equipo de Hipoqih.

Máis información: Entrevista en Código Cero


HP iPaq 310, nova solución GPS

HP iPaq 310 Travel Companion

E seguindo coas novidades presentadas onte por HP, agora tócalle o turno ó novo navegador GPS da compañía, o HP iPaq 310 Travel Companion, o primeiro que incorpora unha interface exclusiva de HP, xa que en anteriores ocasións os seus dispositivos levaban sistemas operativos de terceiros.

Ten pantalla panorámica táctil de 4,3 polgadas e 800 x 480 píxeles de resolución. Dispón de 128Mb de memoria SDRAM e dependendo do modelo pode chegar ata os 2Gb de ROM. Se a capacidade do navegador non é suficiente, pódese ampliar mediante tarxetas SD de alta capacidade.

Ademáis das funcións de navegador GPS, tamén se pode empregar como reprodutor multimedia. Tamén incorpora Bluetooth para conectar teléfonos móbiles e outros dispositivos.

O prezo estimado é duns 450 dólares.

Máis información: HP


TomTom GO 920, con mando a distancia

TomTom GO 920

A recoñecida marca de GPS TomTom ven de presentar un novo navegador, o GO 920, que destaca por innovacións como un mando a distancia, mais deixade que comentemos pouco a poco o que pode convertirse nunha referencia pra o futuro deste tipo de trebellos.

O TomTom GO 920 trae unha memoria interna de 4GB, onde veñen preinstalados mapas completos de Europa, USA e Canadá. Ademais, trae incorporada a Tecnoloxía Avanzada de Posicionamiento mediante a cal, cando unha sinal GPS non esté dispoñíbel se calcule a posición mediante sensores de movimiento e gravidade, todo un avance.

Como comentaba, o TomTom GO 920 trae un mando a distancia Bluetooth pra que o conductor ou outro pasaxeiro poida manexar o dispositivo con total seguridade sen ter que tocar a pantalla. Tamén ven con outras características xa incluídas en anteriores modelos, como o transmisor FM integrado pra escoitar música e instruccións de navegación polos altofalantes do coche.

Este modelo de GPS sairá ao mercado no Outono do 2007.

Máis información: TomTom


Nokia 500, navegador GPS con pantalla de 4.3 pulgadas

Nokia 500

A marca finesa que tradicionalmente vende teléfonos móbiles, de vez en cando nos sorprende con algunha incursión en outros eidos como este, o dos navegadores GPS.

O Nokia 500, presentado hoxe, permite ademais da navegación por satélite, reproducir arquivos multimedia como MP3 e, aproveitando a súa conectividade Bluetooth, usalo de manos libres co teléfono. Ademáis, destaca a súa gran pantalla de 4,3 pulgadas pra non perder detalle de onde imos.

En Europa agardamos ter este navegador no último cuarto do 2007 a un prezo de 300 euros.

En Trebellos: Nokia aposta pola tecnoloxía GPS
Vía: Engadget


Clarion Drivtrax GPS, ideal pra moteiros

DrivTrax

A xente de Clarion está a vender unha protección pra o auga e soporte pra seu GPS Drivtrax, polo que se convirte nunha solución ideal pra os moteiros que queiran levar o GPS na súa moto e manexalo cun sencillo lapis.

Este soporte leva incluídas unhas caixas de son pra indicar as rutas a coller e funciona con pilas AA, dando ao redor de 11 horas de autonomía, un nivel bastante decente. Polo dagora, só se sabe o prezo deste soporte, que é de 125 euros e, lóxicamente, non leva incluído o GPS.

Vía: Digital Drops

Máis fotos do soporte na continuación…
Segue lendo »


Máis novas sobre o GPS 3D de Blusens

Blusens

Vai pouco falamos do novo e revolucionario GPS en 3 dimensións que a empresa galega Blusens vai sacar ao mercado. Como é costume en Blusens este trebello será o primeiro nas súas características a nivel mundial.

Xa avanzamos no anterior post que este trebello sairá a finais de ano e que terá imaxes en 3D, agora dende Trebellos sabemos, grazas a unha charla que deu un responsable de Blusens na USC, que efectivamente sairá a finais de ano e que a encargada de facer o software é unha empresa finlandesa. Pero, o realmente novo e revolucionario é que as imaxes en 3D son imaxes reais, sacadas cun avión. Parece que a mesma empresa finlandesa é a encargada de fotografar toda a superficie europea dende un ángulo oblicuo para que os edificios teñan apariencia 3D.

Na charla mostraron un video demostración do trebello, que eu mesmo puiden ver, e no que realmente podía apreciarse que as imaxes que saían eran fotos reais das rúas, con edificios reais e superposto o nome das rúas, a ruta que estamos a seguir, etc.

Parece que esos erros nos mapas dos GPS que cando te din que xires á esquerda, pero na esquerda hai un edificio xa remataron.


Posteriores entradas »