Arquivo pra Marzal, 2008

Resumo Xuventude Galiza Net 2008

A comida na XGN

Unha das cousas curiosas que pasan de vez en cando na XGN ten que ver coa comida e coa cafetería/comedor.

Hoxe por exemplo foi o caso da carne con patacas, segundo prato no menú do Venres. Claro, estamos nun país como Galiza e concebir un menú con dúas ou tres patacas é case un insulto para algúns, polo que xa se montou un pouco á hora de comer con algúns apetitos suculentos.
Conferencia
Polo demais,xa se fixo a conferencia de presentación sen moito novo salvo o de sempre, os berros de Tongo, tongo ao Mago Teto e as mesmas cousas de sempre. Seguiremos informando.

Por certo, xa viu Anxo Quintana á XGN, o ano pasado non o fixera ata o segundo día…

¡Comeza a XGN 08!

Configuración do hub do direct connect:

IP: 77.26.124.188
Compartido: 100GB
Slots: 3

Os clientes de direct connect que son admitidos na party son os seguintes:

  • DC++ (Windows)
  • linuxdc++ (Linux)
  • ShakesPeer (Mac OS X)