A comida na XGN

Unha das cousas curiosas que pasan de vez en cando na XGN ten que ver coa comida e coa cafetería/comedor.

Hoxe por exemplo foi o caso da carne con patacas, segundo prato no menú do Venres. Claro, estamos nun país como Galiza e concebir un menú con dúas ou tres patacas é case un insulto para algúns, polo que xa se montou un pouco á hora de comer con algúns apetitos suculentos.
Conferencia
Polo demais,xa se fixo a conferencia de presentación sen moito novo salvo o de sempre, os berros de Tongo, tongo ao Mago Teto e as mesmas cousas de sempre. Seguiremos informando.

Por certo, xa viu Anxo Quintana á XGN, o ano pasado non o fixera ata o segundo día…

Deixar un comentario

Nome: (Obrigatorio)

Enderezo electrónico: (Obrigatorio)

Web-Blogue:

Comentario: