Arquivo pra Acerca de

Primeira Entrada

Esta é a primeira entrada do que pretendemos que sexa un Blogue non oficial sobre a XGN. Os que vos falan somos Andrés e Manuls, dous blogueiros procedentes de Pontevedra que van xuntos á XGN para pasalo o mellor posible.

Aqui contarémosvos todo o que pase nestes 3 días de party. Tanto as charlas, os concursos como o que pasa alleo á organización, é dicir, o que ocorre debaixo das mesas e que ninguén ve. Esperamos que participedes nesta experiencia tanto como o imos facer nós.

Dentro de pouco proporcionarémosvos unha dirección de correo electrónico á que poderedes enviar todo o que queirades relacionado coa party.