O dummie

Estes dous que vedes aqui facendo escolta a Darth Vader foron os protagonistas da XGN do ano pasado. Son, nin mais nin menos, que os Dummies, uns bonecos pertencentes á campaña da Xunta “Non sexas Dummie” para prever que os xovenes conduzamos baixo os efectos do alcool.
Comezaron a repartilos a partir, se non lembro mal, do segundo dÃa e convertéronse nunca plaga por toda a party. Supostamente eran un ou dous para cada participante, pero algúns intrépidos atoparon na entrada unha caixa na que vivÃan estes bonecos laranxas, co que a maiorÃa foron secuestrados facendo que apareceran fotos de secuestros masivos por tódolos lados. Incluso por megafonÃa tÃvose que pedir que os secuestros dos dummies pararan, dado que non se Ãa pagar ningún rescate por eles.
Non sabemos se este ano haberá algún protagonista como foi o dummie o ano pasado, pero pola miña parte, levarei un par deles por se queren reencontrarse con antigos amigos.
Foto de montjito