Arquivo pra XGN 07

Comeza a segunda quenda de pagos

Hoxe comeza a segunda quenda de pagos, para os que non conseguiron ser dos máis rápidos co rato e non logaron preinscribirse antes do segundo 28.

Os que conseguiron rexistrarse antes das 17:01:51, case dous minutos despois da apertura das preinscricións, e non conseguiron entrar na primeira quenda de pagos recibiron esta mañá un correo con máis instruccións para realizar o pago correspondente para poder asistir ao acontecemento informático do ano.

Tamén están dispoñibles na web da XGN os distintos traballos presentados aos concursos da edición anterior para a súa descarga, así como os resultados das distintas competicións.

Máis información e descargas | XGN08

Rematando a XGN

fin.jpgA XGN’07 vaise terminando e a un servidor dalle moita pena que así ocorra. Non escribin todo o que quixera no blogue, non foi cecais pola falta de ganas, senón polas ganas de facer outras cousas as que me impidiron escribir durante a party neste blogue, aínda así, Javi e Andrés fixeron un gran traballo informándonos con contido escrito e audovisual de todo o que acontecía na party.

Se me preguntaran como foi en xeral a party diría que estivo moi ben, cecais un pouco peor ca do ano pasado, aínda que esta opinión pode ser subxectiva xa que o ano pasado foi o meu primeiro ano e estaba moi emocionado pola party. Moi bo roio entre a xente, moitos conocidos e amigos que me levo desta edición e o importante, moitas horas de diversión e coñecementos. Cecais dicir que o ambiente da party estase convertindo moito a un modo leecher (descargar o maximo posible e so facer iso) que ao que debe dirixirse unha party, que é coñecer xente e compartir experiencias, non so contidos audiovisuais.

A organización estivo moi ben, cos faios normais que pode levar organizar un acto así pero creo que fixeron un bo traballo e estiveron de moi bo roio coa xente. Quizais é esta a diferencia que hai coas demais party de España, o bo roio e o ambiente familiar que se respira en toda a party.

¿Cousas malas? Sempre as hai por suposto, pero como a opinión xeral da party é mais que sobresaínte, creo que as suxerencias xa llas enviarei eu por correio, que é onde deben estar para así facer unha mellor party para o ano que ven.

¡Vémonos na XGN 2008!

P.D: Este é unha visión xeral do que foi a party, seguro que Javi ou Andrés fan algo mais exhaustivo.

Servidor DC++

Datos:
IP: 91.116.137.195
Mínimo Compartido: 50GB
Clientes admitidos: DC++ (Windows), linuxdc++ (Linux) y ShakesPeer (Mac OS X).

Primeiras fotos da XGN

xgn

XGN

Máis fotos no Tag XGN07 ou no meu flickr

Captación de novos talentos

BlusensUnha boa nova sae este ano na Xuventude Galiza Net. Según a web oficial, responsables de Recursos Humanos de empresas de novas tecnoloxías estarán presentes na Xuventude Galiza Net pra reclutar a novos talentos.

Certo é e por todos sabido que entre o Quake, o Bittorrent e demais pouco tempo haberá pra outros menesteres, mais penso que pode ser un bo intre pra tentar entrar nunha empresa tecnolóxica, quen sabe, cicais un futuro dirixente de Blusens saia da Xuventude Galiza Net, quen sabe…