Resumo Xuventude Galiza Net 2008
Resumo XGN 2008 from Andrés Milleiro on Vimeo.
Unha das cousas curiosas que pasan de vez en cando na XGN ten que ver coa comida e coa cafeterÃa/comedor.
Hoxe por exemplo foi o caso da carne con patacas, segundo prato no menú do Venres. Claro, estamos nun paÃs como Galiza e concebir un menú con dúas ou tres patacas é case un insulto para algúns, polo que xa se montou un pouco á hora de comer con algúns apetitos suculentos.

Polo demais,xa se fixo a conferencia de presentación sen moito novo salvo o de sempre, os berros de Tongo, tongo ao Mago Teto e as mesmas cousas de sempre. Seguiremos informando.
Por certo, xa viu Anxo Quintana á XGN, o ano pasado non o fixera ata o segundo dÃa…
Hoxe comeza a segunda quenda de pagos, para os que non conseguiron ser dos máis rápidos co rato e non logaron preinscribirse antes do segundo 28.
Os que conseguiron rexistrarse antes das 17:01:51, case dous minutos despois da apertura das preinscricións, e non conseguiron entrar na primeira quenda de pagos recibiron esta mañá un correo con máis instruccións para realizar o pago correspondente para poder asistir ao acontecemento informático do ano.
Tamén están dispoñibles na web da XGN os distintos traballos presentados aos concursos da edición anterior para a súa descarga, asà como os resultados das distintas competicións.
Máis información e descargas | XGN08
Benvidos e benvidas de novo…
Os mesmos do ano pasado xa estamos anotados na Xuventude Galiza Net 2008, cunha nova fichaxe este ano, Héctor Anllo, que tamén escribe en Trebellos e este ano virá á XGN por primeira vez.
¿Preparados? Arranxamos un par de cousiñas e comezamos a contar novas da XGN 2008…